martes, 27 de noviembre de 2018

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA PRIMEIRA PROBA

O domingo 25 de Novembro comezou a cuarta liga de carreiras escolares de O Grove. O tempo concedeunos unha tregua e puidemos disfrutar dunha estupenda mañá de carreiras. Máis de 200 rapaces, vidos algúns doutros concellos do Salnés, non se quixeron perder esta cita inaugural, a primeira de catro probas que ao longo do ano percorrerá distintos enclaves do Concello de O Grove. En breve publicaremos as clasificacións provisionais despois desta primeira cita. Mentras tanto clicade na foto e disfrutade da reportaxe fotográfica. 


jueves, 22 de noviembre de 2018

CIRCUITO E DISTANCIAS A PERCORRER- DOMINGO 25 DE NOVEMBRO ás 12:00 h.


REGULAMENTO DA 4ª LIGA DE CARREIRAS- TEMPADA 2018-19



REGULAMENTO XERAL

- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos de O Grove.

- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do Concello e arredores.

- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2018-2019 co seguinte calendario:
- Domingo 25 de Novembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro ou Marzo de 2019, en San Vicente (data aínda por determinar).
- Abril ou Maio de 2019, (lugar e data exacta por determinar).
- Xuño de 2019, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).

- Horario: 10:30 horas.

-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:

- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2012/ 1º de Primaria) ……..….300 m.

(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).

- Benxamín (nados en 2011-2010 / 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en 2009/2008 / 4º e 5º de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados en 2007/2006 / 6º Prim. e1º da ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en 2005/2004 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
-Xuvenil (nados en 2003/2002)………………………….… 2600 m.
Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán participar tamén atletas da categoría senior .
-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos de O Grove nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).

-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.

-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 90 puntos; 3ª posición: 80 puntos;
4ª posición: 70 puntos; 5ª posición: 60 puntos; 6ª posición:50 puntos; 7ª posición:40 puntos; 8ª posición:30 puntos; 9ª posición: 29 puntos; 10ª posición: 28 puntos; 11ª posición: 27 puntos; 12ª posición: 26 puntos;…

Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de

carreiras en cada categoría. No caso de empate gañará o que máis veces quedara por diante; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por diante na derradeira carreira de A Toxa.

-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
  • Haberá medallas para todos os participantes.
  • Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.

- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento

jueves, 15 de noviembre de 2018

COMEZA A IV LIGA DE CARREIRAS

Co cartel feito polo noso compañeiro Xabier Maldonado querémosvos dar a benvida  á IV liga de carreiras escolares de O GroveA primeira cita será o vindeiro domingo 25 de Novembro, ás 10:30 horas, no Ceip Valle Inclán. Alí nos vemos!.



martes, 26 de junio de 2018

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA

Coa publicación das clasificacións finais damos por finalizada a liga deste ano. Parabéns a todos os participantes porque eles fan posible que esta liga sexa un éxito. Vémonos na vindeira liga, a que será a cuarta edición. Feliz verán.


 
 


lunes, 18 de junio de 2018

DESENLACE DA LIGA

No día de onte, 17 de Xuño, celebramos a derradeira carreira da liga. Como é habitual a mesma tivo lugar no marco incomparable de A Toxa. Con máis de 200 rapaces, algúns venidos doutros concellos da comarca como Cambados ou Vilanova de Arousa, a cita tivo o seu colofón coa entrega de medallas para todos os particpantes así como os trofeos aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. Á espera de publicar as clasificación completas, aquí tedes o cadro de honor cos primeiros clasificados.

-BENXAMIN FEMININO

Primeira: SANDRA LAMELAS FERNANDEZ- CEIP Valle Inclán
Segunda: SOFIA PENAS LORENZO- CEIP Valle Inclán
Terceira: AINARA PORTELA DA SILVA- CEIP Valle Inclán

-BENXAMIN MASCULINO

Primeiro: MARCOS AGUIÑO GUIO- CEIP Valle Inclán
Segundo: YAGO DOMINGUEZ VIDAL- CEIP Valle Inclán
Terceiro: XURXO CONDE DEVESA- CEIP Valle Inclán

-ALEVIN FEMININO

Primeira: CELIA CASTRO PADÍN- ATLETISMO CAMBADOS
Segunda: RAQUEL GONZALEZ BESADA- CEIP Valle Inclán
Terceira: MAR CORES ABAL- CEIP Valle Inclán

-ALEVIN MASCULINO

Primeiro: DANIEL BLANCO GONZALEZ- CEIP AS BIZOCAS
Segundo: BREIXO CASTRO BESADA- CEIP Valle Inclán
Terceiro: HUGO RIVEIRO REBOLLIDO- ATLETISMO CAMBADOS


-INFANTIL FEMININO

Primeira: MARIA DOMINGUEZ CORRAL- IES AS BIZOCAS
Segunda: CARLA DOMINGUEZ CORRAL- IES AS BIZOCAS
Terceira: AMANDA PROL REY- IES AS BIZOCAS

-INFANTIL MASCULINO

Primeiro: SAMUEL FERNANDEZ LEAL- CEIP NANTES
Segundo: DANIEL FERNANDEZ LEAL- CEIP NANTES
Terceiro: PABLO CASTRO CRUCES- IES AS BIZOCAS

-CADETE FEMININO

Primeira: CANDELA CASTRO PADIN- ATLETISMO CAMBADOS
Segunda: PAMELA VIDAL TORRES- IES AS BIZOCAS
Terceira: NEREA PREGO GONZALEZ- IES CABANILLAS CAMBADOS

-CADETE MASCULINO

Primeiro: MARCO SINEIRO FEIJO- ATLETISMO CAMBADOS

-XUVENIL FEMININO

Primeira:ESTELA FIEIRO OTERO- IES Monte da Vila

-XUVENIL MASCULINO

Primeiro: ELOY FERNANDEZ FERNANDEZ- IES As Bizocas
Segundo: NICOLAS FUENTES PADIN- IES As Bizocas

Foto de familia con todos os premiados.-





jueves, 7 de junio de 2018

CUARTA e ÚLTIMA CARREIRA DA LIGA

O vindeiro domingo 17 de Xuño, a partir das 11:00 horas, celebraremos o fin de festa da liga deste ano. Ademáis da carreira, que será como é habitual na illa de A Toxa, e na que teremos medallas para todos os participantes, procederemos á entrega de trofeos para os primeiros clasificados en cada unha das categorías puntuables. Agardámosvos e invitámosvos a participar nesta última carreira da liga.




lunes, 21 de mayo de 2018

CLASIFICACIÓNS despois da terceira carreira

A falta dunha proba, a do domingo 17 de Xuño na Toxa, a liga está que arde. Aquí tedes como marcha a mesma logo da disputa da terceira carreira. Aínda queda moito por decidir, así que xa sabedes, a adestrar!.









lunes, 14 de mayo de 2018

Reportaxe fotográfica da terceira carreira da liga. Finca de Don Jacobo

De auténtico éxito se pode calificar a xornada de onte na que se deron cita arredor de 200 nenos e nenas non sólo de O Grove se non tamén de concellos veciños como Cambados. A liga de carreiras escolares é xa un referente e así o confirma esa alta participación. Mentres non publicamos os resultados da liga tras esta carreira, aquí tedes a reportaxe fotográfica da mesma. Ollade a cara de felicidade de moitos rapaces e rapazas ao cruzar o arco de meta!.

Clicade na foto para ver a reportaxe completa

viernes, 11 de mayo de 2018

PERCORRIDOS E DISTANCIAS da Terceira carreira da liga

Xa queda pouco para a cita de domingo na Finca de Don Jacobo, no barrio de Lordelo, e xa temos listos os difrentes circuitos e distancias a percorrer. Aquí volos deixamos. Vémonos o domingo ás 17:30 horas!.


viernes, 4 de mayo de 2018

3ª CARREIRA DA LIGA, FINCA DE DON JACOBO"

Bos días atletas. Xa temos data e lugar da terceira carreira da liga. Será o vindeiro domingo día 13 de Maio, ás 17:30 horas, na "Finca de Don Jacobo", no barrio de Lordelo. Agardámosvos a tod@s nesta cita. En vindeiros días publicaremos percorridos e orde das carreiras. Mentras tanto, a adestrar!!.


                                        Ubicación da Finca de Don Jacobo na rúa Irmáns Otero Goday

martes, 6 de marzo de 2018

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA LIGA

Despois de dúas carreiras disputadas, e a falta das dúas últimas, a liga está que arde. Aquí tedes como marchan as clasificacións provisionais nas diferentes categorías. Mentras chega a seguinte proba, que terá lugar a finais de Abril ou principios de Maio, xa sabedes, a adestrar!

 


 
 

lunes, 5 de marzo de 2018

FOTOS da SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- Campo de fútbol de Lampáns

Na mañá de onte, domingo 4 de Marzo, o tempo nos concedeu unha tregua  e puidemos disfrutar dunha preciosa xornada de atletismo. Nesta ocasión o escenario foi o campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente, o cal demostra que habendo vontade  e ganas todo é posible para rentabilizar os recursos que nos ofrece neste caso o Concello, ao cal lle estamos agradecidos por ceder o uso destas instalacións, así como ao equipo de fútbol do Amanecer que é quen usa habitualmente as mesmas. Destacar os preto de 200 inscritos, chegados sobre todo de O Grove pero tamén doutras localidades como Cambados, o cal confirma o tirón que ten esta iniciativa a pesar de que nesta época do ano a meteoroloxía non é a mais idonea. Mentres non publicamos os resultados e as clasificacións da liga aquí tedes unha reportaxe fotográfica do vivido na xornada de onte.



                (Pincha na imaxe para ver toda a reportaxe)

jueves, 1 de marzo de 2018

INFORMACIÓN SOBRE ESTA SEGUNDA CARREIRA

Ante as dúbidas xurdidas na  organización pola previsión meteorolóxica para este domingo día 4, en principio vaise disputar a carreira. Lembramos que a mesma terá lugar no propio terreno de xogo do campo de fútbol de Lampáns e que esta instalación municipal conta con gradas nas que resgardarse en caso necesario da choiva e vestiarios para que os atletas se poidan cambiar. Iremos informando puntualmente de novidades en canto a esta carreira.

PERCORRIDOS E DISTANCIAS

Aquí tedes os percorridos e as distancias que se terán que correr en cada categoría. Lembrade que comezaremos polas categorías superiores. 




lunes, 19 de febrero de 2018

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA

Xa temos data e lugar para a vindeira proba da liga de carreiras escolares de O Grove. Será o domingo 4 de Marzo, pola mañá, no Campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente, donde habitualmente xoga o equipo do Amanecer. En vindeiras datas iremos como sempre ampliando a información desta segunda proba da liga. Alí vos agardamos. Mentras tanto xa sabedes, a adestrar!.
                                                 
                                                      Resultado de imagen de campo de fútbol de lampáns
(Preme na imaxe para ver a ubicación do campo de fútbol de Lampáns)