jueves, 30 de noviembre de 2017
PERCORRIDOS E DISTANCIAS DA PRIMEIRA PROBA
Importante!, comezaremos pola carreira de maiores, na que participarán conxuntamente os atletas das categorías infantil, cadete e xuvenil. A cita, este sábado a partir das 10:30 horas no Ceip Valle Inclán.
martes, 21 de noviembre de 2017
REGULAMENTO da III LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE
- Organizan: CEIP Valle Inclán,
Concello de O Grove e o club deportivo
“Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos
de O Grove.
- Obxectivo: Promocionar o
deporte do atletismo e os seus valores
entre os rapaces e as familias do
Concello e arredores.
- Lugar e datas: Celebraranse un
total de catro carreiras ao longo do curso 2017-2018 co seguinte calendario:
- Sábado 2 de Decembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro ou Marzo de 2018, en San Vicente (data aínda por determinar).
- Abril ou Maio de 2018, en Feáns-A Lanzada (data
exacta por determinar).
- Xuño de 2017, no Parque Forestal de A Toxa (data por
determinar).
- Horario: 10:30 horas.
-Categorías e
distancias aproximadas a percorrer:
- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2011/ 1º de Primaria) ……..….300
m.
(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín
non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).
- Benxamín- Sub 10 (nados en 2010-2009 / 2º e 3º de Primaria)..
..600 m.
- Alevín - Sub 12 (nados en 2008/2007 / 4º e 5º de
Primaria)….....1200 m.
- Infantil - Sub 14 (nados en 2006/2005 / 6º Prim. e1º da
ESO)…..2000 m.
-Cadete - Sub 16 (nados en
2004/2003 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
-Xuvenil- Sub 18 (nados en 2002/2001)…………………………… 2600
m.
Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán
participar tamén atletas da categoría
senior .
-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos de O Grove nas semanas previas a
cada carreira. Excepcionalmente o día
da proba na zona de meta antes das 10:30
horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou
nas catro ao longo do curso).
-Retirada de
dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada
carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.
-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira
otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e
feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 95 puntos; 3ª
posición: 90 puntos;
4ª posición: 85 puntos; 5ª posición: 80 puntos; 6ª
posición:75 puntos; 7ª posición:70 puntos; 8ª posición:65 puntos; 9ª posición:
60 puntos; 10ª posición: 55 puntos; 11ª posición: 54 puntos; 12ª posición: 53
puntos;…
Establecerase unha clasificación final coa suma dos
puntos acadados nas
catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais
da liga de carreiras en cada categoría. No caso de empate ganará o que máis
victorias teña; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por
diante na derradeira carreira de A Toxa.
-Premios: Entregaranse na
última carreira na Toxa.
·
Haberá medallas para todos os participantes.
·
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados
(masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis
puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo
comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda
de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo
momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non
se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os
participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.
- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións
provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente
regulamento.
viernes, 17 de noviembre de 2017
COMEZA A III LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES
O vindeiro sábado 2 de Decembro comezamos a III Liga de carreiras escolares. A primeira cita será no patio do Colexio Valle Inclán. En breve publicaremos o regulamento da liga e a información desta primeira carreira. Como anticipo amosámosvos o cartel deste ano elaborado polo noso compañeiro Xabier Maldonado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)