lunes, 23 de enero de 2017

FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA- COLEXIO VALLE INCLÁN

Xa podedes disfrutar da reportaxe fotográfica desta primeira carreira que tivo lugar no patio do colexio Valle Inclán. En breve publicaremos os resultados da mesma. 

                                        (Pinchade na imaxe para ver a reportaxe completa)

viernes, 13 de enero de 2017

PRIMEIRA PROBA

Por segundo ano arranca a liga de carreiras escolares de O Grove. O escenario da primeira proba volverá a ser o patio do colexio Valle Inclán, en Ardia, o vindeiro domingo 22 de Xaneiro a partir das 10:30 h. da mañá. Esperemos que a mesma sexa unha xornada festiva e deportiva para disfrutar correndo. Animádevos!

REGULAMENTO da II LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE- 206-2017


REGULAMENTO XERAL

- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos de O Grove.

- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do Concello.

- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2016-2017 co seguinte calendario:
- Domingo 22 de Xaneiro, no colexio Valle Inclán.
- Marzo de 2017,o colexio Conmeniño (data aínda por determinar).
- Maio de 2017, en Feáns-A Lanzada (data exacta por determinar).
- Xuño de 2017, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).

- Horario: 10:30 horas.

-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:

- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2010/ 1º de Primaria) ……..….300 m.

(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo).

- Benxamín (nados en 2009-2008 / 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en 2007/2006 / 4º e 5º de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados en 2005/2004 / 6º Prim. e1º da ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en 2003/2002 / 2º e 3º da ESO)……..…..2600 m.
Na última carreira a disputar no Parque Forestal de A Toxa poderán participar tamén atletas das categorías xuvenil e senior .
-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).

-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.

-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 95 puntos; 3ª posición: 90 puntos;
4ª posición: 85 puntos; 5ª posición: 80 puntos; 6ª posición:75 puntos; 7ª posición:70 puntos; 8ª posición:65 puntos; 9ª posición: 60 puntos; 10ª posición: 55 puntos; 11ª posición: 54 puntos; 12ª posición: 53 puntos;…

Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de carreiras en cada categoría. No caso de empate ganará o que máis victorias teña; no caso de persistir o empate gañará o que resulte vencedor na derradeira carreira de A Toxa.

-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
  • Haberá medallas para todos os participantes.
  • Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter festivo do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.
- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com

- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento.