lunes, 20 de junio de 2016

GALERÍA DE FOTOS- CARREIRA DE A TOXA

Xa tedes aquí a galería de fotos do noso compañeiro Xabier Maldonado da derradeira carreira da liga disputada no maravilloso entorno da Illa de A Toxa así como da entrega de premios finais aos vencedores nas distintas categorías. Esperemos que vos gusten!

(Premer na imaxe para ver a reportaxe completa)

viernes, 17 de junio de 2016

Carreira de A TOXA

Lembramos que nesta última cita tamén haberá carreira das categorías de xuvenís e adultos, polo que animos aos pais e ás nais a que se inscriban a primeira hora da mañá na zona de saída e meta. Alí vos esperamos!!!!

miércoles, 8 de junio de 2016

CUARTA CARREIRA-FESTA FINAL

O vindeiro domingo 19 de Xuño, ás 10:30 horas, terá lugar á derradeira carreira da liga no entorno da Illa de A Toxa. Ao remate da mesma farase entrega dos trofeos aos tres primeiros clasificados da liga de cada categoría, habendo ademáis un pequeno agasallo para todos aqueles que participen nesta proba final fin de tempada. As inscripcións faranse como sempre nos días previos no propio centro educativo ou antes das 10:30 horas na propia carreira. Animádevos!