martes, 16 de abril de 2024

GALERÍA DE FOTOS DA SEGUNDA CARREIRA

 Premendo na foto que figura a continuación podedes ollar unha reportaxe fotográfica do que deu de si a segunda carreira da liga disputada na mañá do domingo 14 de Abril no campo de fútbol de Monte da Vila.



lunes, 15 de abril de 2024

CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA SEGUNDA CARREIRA

 Xa temos as clasificacións tras a segunda carreira disputada no campo de fútbol de Monte da Vila. Atopámonos no ecuador da liga e aínda hai moitos puntos en xogo. Xa sabedes, a adestrar!. Vémonos na terceira carreira en maio.

               CLASIFICACIÓNS TRAS A SEGUNDA CARREIRA

viernes, 5 de abril de 2024

SEGUNDA CARREIRA- Domingo 14 de Abril-Campo de fútbol de Monte da Vila

 Xa temos data e sede para a celebración da segunda carreira da disputada liga escolar. Será o vindeiro domingo 14 de Abril a partir das 10:30 h. no estadio de fútlbol de Monte da Vila.  Lembrade que as inscripcións faranse coma sempre a través dos centros educativos aínda que tamén será posible inscribirse o propio día da carreira antes das 10:30 h. Agardámosvos a tod@s nesta segunda cita!. 

jueves, 4 de abril de 2024

CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA

 Xa podedes consultar, premendo no texto CLASIFICACIÓNS, os resultados da primeira das catro carreiras que compoñen a liga 2024. Esperamos vervos a todos e todas na vindeira cita!.


CLASIFICACIÓNS

sábado, 23 de marzo de 2024

GALERÍA DE FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA

 Despois da disputa da primeira carreira da liga 2024 esta mañá en Confín, e mentres agardamos uns días pola publicación dos resultados , aquí tedes unha reportaxe fotográfica do que deu de si esta xornada de carreiras. Grazas ás familias e aos rapaces e rapazas que se acercaron hoxe. Vémonos na seguinte cita en Abril!.


lunes, 18 de marzo de 2024

NOVA DATA PARA A PRIMEIRA PROBA DA LIGA- Confín, sábado 23 de Marzo

 Xa temos nova data para a primeira carreira da liga que se aprazou no seu día debido ao mal tempo. Será este vindeiro sábado 23 de Marzo a partir das 10:30 h. en Confín. Os que xa fixeron a inscripción a través dos centros educativos recibirán o dorsal este venres no seu colexio; os que desexen apuntarse a maiores para esta nova data poden facelo o propio día da carreira na zona de saída antes das 10:30 horas. Agardámosvos a tod@s!.